Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: Entroido de Cobres&body=Recoméndoche que leas a información Entroido de Cobres extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES%26nid=106226
As orixes do Entroido desta parroquia situada na ría de Vigo remóntanse ata o século XVIII. Aquí, madamas e galáns (mulleres e homes vestidos de branco) e aldeáns representan distintas posicións económicas e roles sociais, tanto mediante as súas vestimentas como pola posición que ocupan nos pases, bailes e exhibicións. Madamas e galáns, moi rechamantes polos seus suntuosos sombreiros e a súa pulcra vestimenta, ocupan a posición social máis elevada, mentres que os aldeáns representan o último elo da cadea e o grupo maioritario. Todos, iso si, van neste Entroido a cara descuberta.
De sábado a martes, durante todo o día as madamas e galáns percorren distintos lugares das parroquias, acompañados por unha charanga, e agasallan aos presentes cos seus bailes, entre eles a popular Danza de Cobres.
O día grande é o martes, cando pola tarde teñen lugar antigos xogos populares, como o da corrida do galo –con rituais cargados de simbolismo–, o galo no río ou o galo na vara, nos que participa toda a mocidade do lugar.
Destacado:
Corrida do galo e xogos populares, o Martes de Entroido.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.