Esta ruta percorre camiños no corazón de Galicia, onde se xuntan as provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense para levarnos por unha viaxe mística a través de santuarios máxicos situados en belas paisaxes naturais.
Cando alguén “bota o demo fóra” ou “quita o meigallo”, a forza maligna que o posuía desaparece. Unha posesión satánica é un corpo con dobre espírito que alberga a alma dunha persoa e a dun demo. Maniféstanse de forma alterna, nunca ao mesmo tempo. O mal do “ramo cativo” afecta aos nenos que quedan murchos, esmirrados e sen espírito nin vida